Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Xornadas
Organizador
ADEGA.
Inscrición
paconhobre@adega.gal Tf. 981570099.
Ámbito
Galicia
Contenido
O sábado 02 de febreiro de 2019, Día Mundial dos Humidais, desenvolverase unha acción de voluntariado ambiental de loita contra as especies exóticas invasoras. Desta volta estaremos no ZEC de Razo-Baldaio. Convocamos ao voluntariado ambiental a participar nesta iniciativa e a coñecer este espazo de Carballo cun elevado valor ambiental.
A actividade será nas praias de Razo e Baldaio e na contorna da lagoa de Baldaio e actuarase sobre varias especies de flora invasora.
