Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Xornada de construción de estruturas mediante técnicas de cestería no IES Lagoa de Antela

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Xornadas
Organizador
IES Lagoa de Antela (Xinzo de Limia, Ourense)
Ámbito
Galicia
Contenido

Xornada de participación con alumnado e familias do centro, orientado á construción de dous Refuxios de 3 metros de diámetro e 2 metros de alto, eleborados con vimbio, que servirán como espazo de lecer e observatorio de aves. Trátase dunha actividade, enmarcada nun proxecto chamado Refuxios, que o centro esta a levar a cado dende abril de 2024, dirixido á mellora da franxa traseira do patio do centro educativo mediante a creación dunha área bio-inclusiva cun pequeno humidal.
Refuxios é unha das candidaturas galegas seleccionadas na convocatoria europea Probleu -https://probleu.school/- organizada para financiar proxectos educativos relacionados coa protección da augas oceánicas e continentais, na que participaron candidaturas de 19 países da Unión Europea.
A proposta ten como obxectivo concienciar ao alumnado do IES Lagoa de Antela sobre o valor ambiental dos pequenos humidais.