Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Xornadas
Organizador
CEIDA e Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Xunta de Galicia
Inscrición
Imprescindible inscrición
Ámbito
Galicia
Contenido
A Ruta Agroalimentaria das Mariñas pretende mostrar un territorio de alto valor ambiental a través dos produtos naturais e ecolóxicos que nel se elaboran. Trátase de dar a coñecer a excelencia dos produtos e empresas certificados coa Marca de Calidade da Reserva de Biosfera así como polo Sistema de Calidade Turística para a realización de visitas de agroturismo. Esta primeira Ruta Agroalimentaria das Mariñas é o obxecto desta xornada, e constitúe unha oportunidade única para coñecer a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo dun xeito diferente, e servir de exemplo de boas prácticas replicable noutros territorios.
