Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Cursos
Organizador
ADEGA
Inscrición
Cubrir formulario
Ámbito
Galicia
Contenido
O Proxecto Ríos, iniciativa de ADEGA, lanza un ano máis o seu curso de formación para persoas interesadas no coñecemento e coidado dos nosos ríos.
Desta volta, xa na 40 edición destas xornadas, a equipa ambiental de ADEGA fará un achegamento ao Proxecto Ríos, o maior programa de voluntariado ambiental en ríos do país, que neste ano celebra o seu 20 aniversario; e ademais, sairemos ata o río Sarela, para coñecer in situ o proceder dunha identificación de macroinvertebrados para determinar a calidade ecolóxica do río.
