O Parque Nacional coa Escola, unha iniciativa para achegar á comunidade escolar os valores e a riqueza dos catro arquipélagos que conforman este espazo natural e que durante o curso 2025-2026 contará coa participación de 45 colexios localizados nos concellos da súa área de influencia: Bueu, Cangas, Ribeira e Vigo.
O programa inclúe diferentes actividades didácticas e charlas adaptadas aos distintos niveis educativos e idades, e está aberto á participación de colexios de Educación Infantil, Primaria, ESO, FP e Bacharelato.
Así mesmo, á marxe do programa, tamén se convida a todos os centros da zona que realicen proxectos educativos relacionados coas Illas Atlánticas, os espazos protexidos ou o mar para poñerse en contacto co equipo de guías do Parque Nacional para estudar posibles formas de colaboración, xa sexa a través de charlas, roteiros ou actividades no propio colexio, no Centro de Visitantes ou nas illas. O formulario de solicitude está na web do Parque.
Contenido
