As xornadas son o punto de encontro das administracións públicas responsables da xeración, recolección, xestión e difusión de información sobre biodiversidade. Neste foro, os técnicos especialistas das diferentes administracións ambientais poñen en común as diferentes iniciativas e proxectos que están a desenvolver referentes á información sobre biodiversidade e establecen accións comúns de futuro para dar a máxima difusión a este tipo de información. Os obxectivos xerais das xornadas inclúen a toma de contacto co panorama actual, facilitar a integración e difusión de datos e información sobre biodiversidade e buscar solucións a problemas comúns.
Este ano celebraranse en Euskadi e integrarán tamén o Foro Social de Biodiversidade de Euskadi 2022
Contenido
