Para participar, basta con abrir unha conta no repositorio multimedia libre Wikimedia Commons e subir as imaxes seguindo os pasos descritos na páxina do concurso.
É un concurso de fotografía que reúne a wikipedistas, amantes da fotografía e activistas ambientais desde 2015. Trátase de participar, entre o 1 e o 31 de maio, achegando imaxes de espazos naturais protexidos e facelo cunha licenza libre. Na versión española do concurso, pódense documentar todos aqueles espazos catalogados como Zonas Especiais de Conservación, pertencentes á Rede Natura 2000.
O obxectivo é conseguir unha visión global e única do patrimonio natural do planeta Terra.
Wikimedia España, co apoio do Organismo Autónomo de Parques Nacionais e EUROPARC España
Entre o 1 e o 31 de maio
