Este webinar centrarase en explorar os principais proxectos en curso e posibles fontes de financiamento para apoiar as coleccións científicas. O programa estará formado por catro presentacións, centradas en coleccións que conseguiron persoal de apoio –a necesidade máis mencionada cando se fala de recursos e coleccións– e en mostrar iniciativas nacionais e internacionais que recoñecen as coleccións como infraestruturas científicas do século XXI e apóianas. Tras as presentacións teremos un coloquio e rolda de preguntas para profundar no tema coa experiencia dos relatores e as perspectivas dos participantes.
O webinar terá lugar o día 10 de xuño ás 12 h (hora de Madrid), cunha duración de 1 h 30'. Calquera persoa pode rexistrarse aínda que está principalmente dirixido a persoal que traballa en coleccións de historia natural de calquera ámbito xeográfico.
Contenido
