Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Xornadas
Organizador
Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Inscrición
Límite o 4 de xuño ás 14h.
Ámbito
Galicia
Contenido
Co obxectivo de facilitar coñecementos prácticos sobre a elaboración do PACES, a Xunta de Galicia organiza un webinar dirixido a entidades que ofrecen servizos de elaboración de PACES aos concellos adheridos ao Pacto en Galicia. O webinar complementa o ciclo de formacións en liña organizado durante o último mes pola Oficina Técnica, no que están a participar máis de 70 representantes dos concellos adheridos.
Nesta xornada realizarase unha introdución sobre a iniciativa europea Pacto das Alcaldías e explicaranse as tarefas que está a realizar a Xunta de Galicia. A continuación visualizarase dun xeito práctico o marco de elaboración do PACES e os recursos existentes para a súa elaboración.
