Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Visitas guiadas á Illa e Castelo de Santa Cruz

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Outras actividades
Organizador
CEIDA
Ámbito
Galicia
Contenido

A Illa de Santa Cruz conta cun rico patrimonio natural e cultural froito principalmente da súa localización, un illote no interior da Ría da Coruña. Este rico patrimonio mestúrase coa peculiar historia do Castelo de Santa Cruz que, ao longo destes catro séculos, foi e é un baluarte de defensa: defensa da cidade da Coruña dos ataques navais; defensa da cultura coa estancia da escritora Emilia Pardo Bazán; defensa social coa organización de colonias de verán para nenos orfos e defensa do medio ambiente a través do CEIDA.
Para dar a coñecer todo este patrimonio natural e histórico, e dentro do programa “Para unha Transición Ecolóxica” que o CEIDA desenvolve xunto á Deputación da Coruña, ofértase un programa de visitas guiadas dirixidas a todos os públicos de forma totalmente gratuita durante o verán.