Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Viaxeiras: movementos de aves mariñas polo Atlántico + Xornada presentación de resultados Ártabro3

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Campañas
Organizador
CEIDA
Ámbito
Galicia
Contenido

A costa galega sitúase no corazón dun dos principais corredores migratorios para as aves mariñas do planeta. Ademáis, a riqueza das nosas augas é aproveitada ao longo do ano polas máis diversas especies procedentes dos océanos máis dispares.
Por este motivo parte das nosas augas forman parte da Rede Natura 2000 mariña, e outras áreas como o Golfo Ártabro cumplen tamén os criterios para integrarse nelas pola súa importancia para a conservación destas especies, tal como puxo de relevancia o proxecto Aves Ártabras, desenvolto polo CEIDA dende 2019.
Nesta xornada presentarase parte do coñecemento actualmente existente sobre o corredor migratorio cantábrico e os movementos das aves oceánicas polo mar galego, poñendo de relevancia a súa importancia no eido da conservación da biodiversidade mariña. O sábado 1 realizarase unha actividade práctica mediante unha visita á estación ornitolóxica de Estaca de Bares, un dos principais puntos de Europa para o espetáculo da observación do paso migratorio.