Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

V Premios CSIC-Fundación BBVA de Comunicación Científica

Data da norma
Ámbito normativo
Internacional
Data de publicación
Número
1
Páxina
1
Clasificación
PREMIOS
Ámbito
Internacional
Destinatarios

Os candidatos serán persoas físicas, profesionais en activo de calquera nacionalidade que realizasen unha parte significativa do seu traballo de comunicación científica en España.
Será posible a presentación de candidaturas conxuntas de dúas ou máis persoas que realizasen en colaboración actividades de comunicación científica.
As candidaturas serán directas, presentadas polos propios interesados, ou indirectas, a través da presentación de cartas de nomeamento por parte de terceiras persoas físicas ou xurídicas.

Obxecto

Estes premios recoñecen todas as facetas, canles e formatos da comunicación científica desenvolta desde os medios de comunicación, as plataformas dixitais, os centros de investigación, as universidades, os hospitais, as axencias e institucións públicas e as empresas.
Os premios abarcan contribucións particularmente significativas e innovadoras á difusión do coñecemento validado en todas as áreas da ciencia, a tecnoloxía e as humanidades.
Contémplanse dúas categorías de premios: un deles dirixido a profesionais do xornalismo ou a comunicación especializados en información científica, e o outro a profesores e investigadores que difunden o coñecemento científico de calquera rama do coñecemento á sociedade.

Convoca

Fundación BBVA

Prazo

Ata o 13 de febreiro de 2026, ás 13:00 do mediodía (hora peninsular)