Ata o vindeiro 3 de xuño a través da páxina web da APLU.
Ten como obxectivo o intercambio e divulgación de ideas, coñecemento e experiencias que nos permitan contribuír a avanzar no camiño cara a un verdadeiro desenvolvemento urbanístico sostible.
Baixo o lema “Estado do Urbanismo e Retos para o Futuro”, esta edición estrutúrase en catro áreas temáticas. A primeira céntrase na necesidade de afrontar un novo modelo urbano, abordando o estudo das Axendas Urbanas e conceptos como o de cidade próxima. A continuación, analizarase a interrelación do urbanismo con determinadas políticas públicas. Un terceiro bloque tratará as cuestións máis actuais no eido da intervención administrativa. Nunha sesión final, como xa vén sendo habitual neste Congreso, o debate xirará sobre as perspectivas para o futuro.
