Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Outras actividades
Organizador
CEIDA
Ámbito
Galicia
Contenido
Unboxing the change é unha actividade para grandes grupos que aborda a temática da emerxencia climática. Está dirixida a todo tipo de públicos, e o seu obxectivo é que as persoas participantes comprendan que é o cambio climático, por que se produce, que consecuencias ten e tamén que se podería facer para mitigalo e adaptarse.
O obxectivo do libro ‘Cinco ideas para entender a crise climática’ é proporcionar unha guía ao lector para comprender a complexidade e a urxencia da situación actual. Apoiado en conceptos e datos científicos, a través dunha linguaxe accesible e exemplos claros, o autor desmonta os principais mitos e ideas erróneas sobre a crise climática provocada polo ser humano.
