Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

A túa comida ten algo que dicirche

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Campañas
Organizador
SOGAMA
Ámbito
Galicia
Contenido

Nova campaña de Sogama para reducir o desperdicio alimentario.
Lembrar que o desperdicio alimentario, ademais de traer consigo un negativo impacto a nivel económico e social, tamén supón un grave impacto ambiental
Un terzo dos alimentos que se producen no mundo para o consumo humano desperdícianse; esta porcentaxe tradúcese, no caso de España, en 7,7 millóns de toneladas, posicionándose como o sétimo país da UE que máis comida refuga, correspondendo o 42% aos propios fogares.
A campaña está conformada por unha serie de pezas divulgativas a través das cales se pretende dar a coñecer esta problemática aos cidadáns, sensibilizalos para poder atallala e alentalos a que articulen os mecanismos necesarios para diminuír a cantidade de comida que cada día acaba no cubo do lixo.