Prazas limitadas. Cubrir formulario
-Dar a coñecer ao público xeral os retos ambientais e sociais asociados ao turismo de cruceiros.
-Poñer de manifesto a necesidade de actualización da lexislación marítima internacional.
-Analizar esta realidade dende o punto de vista dos diferentes actores implicados.
-Sexta edición do encontro internacional onde se falará das Crebas (todo aquelo recollido nas praias, devolto polo mar e susceptible de ser reutilizado) como Arte, como medio de transmisión dunha realidade de intoxicación do planeta por plásticos que van parar ao mar. Temos a certa experiencia de que á sociedade non lle gusta mirar de fronte esta realidade a menos que se faga algo bonito e extraordinario co lixo. E o firme convencemento de que os obradoiros artísticos con lixo mariño son unha magnífica experiencia sensorial que facilita moito a comprensión e sensibilización a cerca desta problemática.
