Inscrición aberta ata o 11 de abril
Unha das competicións de natación máis duras e longas de Europa coa que colabora a Xunta e que reúne en Galicia a deportistas de toda España e doutros países.
A carreira programada para este ano disputarase o vindeiro 9 de setembro e discorrerá entre a Illa de Sálvora e Ribeira, un tramo cunha distancia total de 19 quilómetros. Concretamente, os nadadores sairán da praia do Almacén, en Sálvora, e pasarán polo illote Areoso (A Illa de Arousa) e a illa da Rúa (Ribeira), ata chegar á praia ribeirense de Coroso, onde estará a meta.
obxectivo da Tripla Coroa Illas Atlánticas tamén é dar a coñecer a riqueza natural do único Parque Nacional de Galicia, promocionar as Rías Baixas e consolidarse como unha das probas de natación de referencia en toda Europa, axudando a visualizar que é posible lograr un equilibrio entre os usos sostibles dos espazos naturais e a súa imprescindible protección.
