Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Cursos
Organizador
SOGAMA E PLATEGA
Ámbito
Galicia
Contenido
No seu firme compromiso coa educación e a concienciación da poboación na protección da contorna, Sogama reactiva o seu programa de formación en liña no ámbito ambiental.
O novo curso, destinado ao profesorado de infantil, primaria e secundaria adscrito á Xunta de Galicia, arrincará a finais do presente mes a través da plataforma PLATEGA da Consellería de Educación, dando preferencia aos docentes que participan no programa “Recíclate con Sogama” 2020-2021.
As temáticas centrais xiran prioritariamente ao redor da xestión sostible dos residuos, os pormenores do sistema Sogama, a educación ambiental e a economía circular como modelo de desenvolvemento ao que debemos avanzar para preservar os limitados recursos naturais.
