Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Seminario Praderías Mariñas, Tesouros de Biodiversidade

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Seminarios
Organizador
CEIDA
Ámbito
Galicia
Contenido

As pradeiras mariñas son dos ecosistemas mariños máis ricos do planeta e teñen unhas funcións e servizos ambientais imprescindíbeis para moitas formas de vida mariña, amais dunha extraordinaria relevancia económica e social. Porén, son ecosistemas pouco divulgados e coñecidos nos que cómpre avanzar no seu coñecemento e tendencias de evolución, tanto a nivel global como a súa realidade nas rías galegas. Por ese motivo, neste seminario atópanse diversos proxectos que dende diferentes ópticas traballan para a conservación destes ecosistemas, amplamente distribuídos na beiramar galega e fundamentais na loita contra o cambio climático.