Evento anual de catro días durante o cal as cidades e rexións mostran a súa capacidade para crear crecemento e emprego, implementar a política de cohesión da Unión Europea e demostrar a importancia do nivel local e rexional para a boa gobernanza europea.
Durante a segunda xornada de traballo, a Xunta ofrecerá unha conferencia centrada na achega galega á loita contra o cambio climático a través da presentación da futura Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 (EGCCE). Esta folla de roteiro en materia de clima e enerxía ten como obxectivo global conseguir a neutralidade climática de Galicia antes do ano 2050 e para conseguilo, aposta pola implementación de enerxías renovables, o aproveitamento da absorción de CO2 dos montes galegos e a mellora da eficiencia enerxética en todos os sectores.
Contenido
