Inscrición para os concellos aberta ata o 15 de setembro.
A Semana Europea da Mobilidade é a principal campaña de sensibilización da Comisión Europea sobre mobilidade urbana sostible. Fomenta o cambio de comportamento a favor da mobilidade activa, o transporte público e outras solucións de transporte limpas e intelixentes. O tema anual para este ano 2022 é 'Mellores conexións' e ten como obxectivo difundir os beneficios do uso de modos de transporte sostibles. Con máis pobos e cidades uníndose cada ano, a campaña continúa impulsando a Europa, cara á mobilidade urbana sostible.
Nesta semana, organizada ao redor do “Día sen coches”, que se celebra o día 22 de setembro, organízanse diferentes actividades para fomentar o transporte público e a recuperación de espazos para peóns e ciclistas.
A vixésimo segunda edición que se celebrará do 16 ao 22 de setembro de 2022.
A inscrición para que os concellos participen na iniciativa está aberta ata o 15 de setembro.
