O tema elixido pola Comisión Europea para a campaña deste ano é "Por unha mobilidade sen emisións".
É unha campaña de concienciación dirixida a sensibilizar, tanto aos responsables políticos como aos cidadáns, sobre as consecuencias negativas que ten o uso irracional do coche na cidade, tanto para a saúde pública como para o medio ambiente, e os beneficios do uso de modos de transporte máis sustentables como o transporte público, a bicicleta, as viaxes a pé, os sistemas de coche compartido, etc.
Celébrase cada ano, do 16 ao 22 de setembro, realizando actividades para promocionar a mobilidade sustentable e fomentando o desenvolvemento de boas prácticas e medidas permanentes.
O 22 de setembro celébrase ademais o evento A cidade, Sen coche!
Esta temática reflicte o ambicioso obxectivo de alcanzar a neutralidade nas emisións de carbón para o ano 2050, recollido no Pacto Verde Europeo.
Contenido
