Dous tipos de concursos segundo a tipoloxía e finalidade dos proxectos. Por unha banda, un certame no que se premiará con 5.400 euros a cada un dos tres mellores proxectos de investigación ou estudos científicos que avoguen pola procura e creación de solucións á problemática ambiental xerada polos residuos en contornas mariñas. Por outro, un premio dotado con 5.000 euros en apoio á mellor start- up ou proxecto empresarial que traballe pola solución dunha problemática ambiental en materia de economía circular e lixo mariño simultaneamente.
O obxectivo do programa con ambos os concursos é impulsar a divulgación científica e as solucións empresariais para atopar respostas e resolver algún aspecto da problemática ambiental xerada polos lixos mariños a través da economía circular, o emprendemento, a innovación e a investigación.
Asociación Chelonia.
As candidaturas para os estudos científicos ata o 30 de setembro. Start- ups, ata o 31 de outubro de 2019.
