Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Rutas guiadas este verán ás illas do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Outras actividades
Organizador
Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia
Ámbito
Galicia
Contenido

Xa podes apuntarte ás rutas guiadas que este verán ofreceremos en Cíes e Ons todos os os días, e tamén a Cortegada os domingos.
En Cíes e Ons podes apuntarte en persoa acudindo o día que nos visites á nosa caseta de información do Parque nas illas. Pregunta polo menú de rutas que ofrecemos ese día e se hai prazas apúntate á que máis te interese.
Tamén podes reservar praza con antelación en www.reservasparquesnacionales.es pero só nas rutas que se ofrecen ás 12:00h en Cíes e os mércores e en Ons os venres.
Recorda que durante o verán hai viaxes de barco todos os días a Cíes e a Ons, e tes que solicitar a autorización e comprar o billete ti mesmo. Aquí tes todos os pasos para facelo se o precisas.
Para vir a Cortegada so hai a opción de apuntarte na central de reservas na visita guiada e xa xestionamos nos o transporte do grupo (aínda que terás que pagar ti o teu billete de 10 ou 12€ segundo o día).