Está Semana Santa o Parque Nacional das Illas Atlánticas ofrece arredor de 550 prazas nas rutas guiadas que realizaran os/as guías do Parque nos 4 arquipélagos: Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.
Estas rutas teñen o obxectivo de que os visitantes do Parque coñezan de primeira man aqueles aspectos naturais e históricos que fixeron merecentes a estas illas de ser declaradas Parque Nacional.
No caso de Cíes e Ons ofreceranse tódolos días varias rutas guiadas con distintos horarios, percorridos e contidos, nas que se combinarán temas de fauna, flora, paisaxe, xeoloxía e historia. Os visitantes poderán anotarse nos puntos de información das illas ao chegar as mesmas ata esgotar as prazas. Esta rutas poden anularse por motivos meteorolóxicos ou organizativos.
Contenido
