Desde o Observatorio Español de Acuicultura da Fundación Biodiversidade, convidan, un ano máis, a participar na edición 2025 do "Día da Acuicultura", que terá lugar o próximo 30 de novembro.
Preténdese que sexa un día de celebración para todas as persoas que tratan de impulsar a acuicultura no noso país. Por iso, anímante a inscribir algunha actividade que desde a túa institución, entidade, centro ou empresa, consideres que pode contribuír a trasladar á sociedade a sustentabilidade da acuicultura española e a calidade dos seus produtos.
Como en edicións anteriores, propoñen que as actividades poidan desenvolverse ao redor do 30 de novembro.
Podes inscribir a túa actividade utilizando o formulario.
Tamén te convidamos a compartir a túa actividade utilizando #DíadelaAcuicultura nos teus perfís en redes sociais.
Contenido
