Ata o 22 de setembro de 2021.
Abordar as novidades normativas na materia de ordenación do territorio e urbanismo, como a recente entrada en vigor da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, así como as últimas modificacións efectuadas sobre a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
Clarificar as relacións entre os diferentes suxeitos que operan na defensa da ordenación do territorio, do urbanismo e do litoral: fiscalía, xulgados e tribunais do poder xudicial, as diferentes administracións territoriais e colexios profesionais que velan polo adecuado exercicio das profesións cualificadas
para o proceso de urbanización e edificación.
Obter a visión de diferentes axentes que colaboran para o exercicio das súas respectivas potestades e competencias en defensa da legalidade territorial, urbanística e da ordenación do litoral en Galicia.
