Prazas limitadas
Con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, e enmarcado dentro do programa 'Para unha Transición Ecolóxica' que o CEIDA desenvolve co apoio da Deputación da Coruña, organizaranse dúas conferencias sobre as Reservas de Biosfera de Galicia o os 50 anos do programa MaB.
As Reservas de Biosfera son espazos recoñecidos polo programa Home e Biosfera (MaB) da UNESCO, que promoven o desenvolvemento sustentábel baseado na mellora da relación do ser humano coa súa contorna. A creación destas Reservas de Biosfera ten como obxectivo principal o desenvolvemento do territorio, das súas empresas e dos seus produtos, mediante marcas de calidade, recuperación de actividades tradicionais, oportunidades de emprego e formación, iniciativas turísticas, conservación dos recursos ambientais e outros proxectos. Na Comunidade Autónoma Galega temos 6 Reservas de Biosfera, e na contorna da cidade da Coruña, a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
