Diríxese a centros escolares (públicos e concertados) de Educación Primaria.
É un programa de educación ambiental canalizado a través do Plan Proxecta da Xunta de Galicia (Consellería de Cultura, Educación e Universidade) que ten por obxecto promover a participación e implicación da comunidade educativa na xestión sostible dos residuos urbanos mediante o consumo responsable, a menor produción de refugallos e o fomento da reutilización e a reciclaxe. Para facilitar esta tarefa, os centros dispoñen dunha pequena infraestrutura aportada por Sogama, denominada "Illa de Reciclaxe", conformada á súa vez por tres contedores de 120 litros de capacidade cada un (amarelo, para latas, briks e envases de plástico; azul, para o papel/cartón; e verde, para a fracción non reciclable).
Aqueles centros que contan con servizo de comedor, subminístraselles igualmente un composteiro para o tratamento da materia orgánica xerada.
SOGAMA e Consellería de Cultura, Educación e Universidade
O prazo para a presentación de candidaturas conclúe o próximo 25 de abril.
