Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Quinta edición da campaña escolar 'Pilabot'

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Campañas
Organizador
Xunta de Galicia
Ámbito
Galicia
Contenido

A Xunta de Galicia, coa colaboración e apoio dos xestores de pilas autorizados Ecopilas, ERP e Ecolec, impulsarán un ano máis a campaña escolar Pilabot, unha iniciativa para promover a concienciación das novas xeracións sobre a reciclaxe .
A actividade central volverá ser o concurso escolar de reciclaxe de pilas, baterías e acumuladores en desuso. Así, a partir do 10 de xaneiro comezará o reparto paulatino entre todos os participantes dos bidóns, colectores e material informativo. Unha vez recibido todos eses materiais, cada centro terá seis semanas lectivas para participar na campaña, que rematará o 19 de abril.
Todos os colexios públicos, privados ou concertados que estean interesados en participar na iniciativa poderán inscribirse a través da páxina web de Pilabot desde hoxe, 7 de novembro, e ata o vindeiro 5 de decembro.