Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Próxima edición do programa Mestres Gandeiros

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Cursos
Organizador
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, Instituto de Estudos do Territorio (IET)
Inscrición

Ata o 27 de setembro

Ámbito
Galicia
Contenido

Unha iniciativa educativa que desde a súa posta en marcha no ano 2022 xa conseguiu concienciar e sensibilizar a máis de 2.200 escolares galegos sobre as boas prácticas agrarias e medioambientais do medio rural que contribúen ao coidado da paisaxe e da biodiversidade.

O prazo para poder inscribirse na terceira edición desta acción formativa, enmarcada no Plan Proxecta da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, seguirá aberto ata o 27 de setembro polo que todos os centros interesados en participar aínda están a tempo de facelo a través do portal educativo da Xunta.