A convocatoria é aberta e se dirixe a persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas.
O Proxecto ten como obxecto explorar as capacidades da colaboración público-privada para desenvolver solucións innovadoras que promovan unha compensación de emisións de proximidade, que axuden ademais de forma máis directa ao obxectivo de redución da pegada de carbono en Galicia.
O próximo 20 de xullo de 2023 celebrarase o evento virtual de presentación das conclusións da Consulta Preliminar ao Mercado.
Os retos da Consulta Preliminar ao Mercado
O obxectivo último do proxecto é avanzar cara á neutralidade climática, baseada nunha compensación de emisións de CO2 de proximidade que achegue valor engadido á orografía do mundo rural galego e contribúa a fixar poboación, en base a principios como a transparencia, o comercio xusto, a equidade e seguridade.
Para consultar á documentación da Consulta (Resolución, descrición de retos etc.)/ etc.) accede á publicación no perfil do contratante.
Descargar e cubrir o formulario de participación e remitilo á seguinte dirección de correo: cambio.climatico@xunta.gal
Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Xunta de Galicia
O prazo de presentación de propostas finaliza 12 de setembro de 2023
