Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Proxecto innovador SICLE CO2: Solucións innovadoras de compensación local de CO2

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Outras actividades
Organizador
Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático
Ámbito
Galicia
Contenido

Desde a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Xunta de Galicia lanzamos o proxecto SICLE-CO2: SOLUCIÓNS INNOVADORAS PARA A COMPENSACIÓN LOCAL DE EMISIÓNS DE CO2
O Proxecto ten como obxecto explorar as capacidades da colaboración público-privada para desenvolver solucións innovadoras que promovan unha compensación de emisións de proximidade, que axuden ademais de forma máis directa ao obxectivo de redución da pegada de carbono en Galicia.
Para iso, esta Dirección Xeral lanza o proceso de Compra Pública de Innovación (CPI), denominado SICLE-CO2: SOLUCIÓNS INNOVADORAS PARA A COMPENSACIÓN LOCAL DE EMISIÓNS DE CO2, a través do cal se explorarán as capacidades da colaboración público-privada para desenvolver as solucións innovadoras necesarias.