Búscase empresa española para proxecto de I+D bilateral co Centro Tecnolóxico marroquí CMTC-Centre Marocain deas Technologies du Cuir para varias ideas de proxecto nos ámbitos enerxético (produción renovable, gasificación, waste to energy, eficiencia) e medio ambiental (xestión de residuos e auga, fertilizantes) aplicadas na industria da curtiduría.
A proposta ten o obxectivo de ser presentada á convocatoria bilateral INNO ESPAMAROC ENERGY: acordo con IRESEN, axencia dependente do Ministerio de Enerxía de Marruecos, para o establecemento dun programa no sector das tecnoloxías sustentables: EE. RR., eficiencia enerxética, Smart grids, Smart Cities, construción ecoeficiente, mobilidade sustentable, Green Energies, Green Mines, etc
Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial-CDTI
A segunda Convocatoria INNO ESPAMAROC ENERGY pecharase o 24 de xaneiro de 2020.
