Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Outras actividades
Organizador
CEIDA. Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia.
Ámbito
Galicia
Contenido
Dentro do proxecto 'Aves Ártabras. Bases Participativas para a Declaración dunha ZEPA no Golfo Ártabro', que o CEIDA está a desenvolver este ano co apoio da Fundación Biodiversidad, do Ministerio para la Transición Ecológica, a través do Programa pleamar do FEMP, animamos a todas as persoas interesadas a participar nos Grupos de Traballo Sectoriais para a determinación de impactos e interaccións sobre as aves mariñas deste territorio.
O proxecto 'Aves Ártabras' pretende promover unha proposta dende o territorio para a declaración dunha ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves) no Golfo Ártabro.
