Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Programa de voluntariado xuvenil en espazos naturais

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Outras actividades
Organizador
DX de Xuventude, Participación e Voluntariado e DX de Patrimonio Natural.
Inscrición

Tf: 881 999 567 Correo: erasmus.xuventude@xunta.gal

Ámbito
Galicia
Contenido

O obxectivo deste programa é fomentar o respecto polo rico patrimonio natural de Galicia a través da creación dun grupo de xuventude voluntaria formado por 300 mozos e mozas. En concreto, os participantes neste proxecto levarán a cabo actividade de limpeza, sinalización, catalogación de flora e fauna, loita contra especies exóticas prexudiciais para os hábitats, así como obradoiros didácticos e de sensibilización ou actividades de ocio educativo.
Os espazos naturais que serán este ano obxecto deste proxecto, ademais dos Ancares, son o parque natural das Fragas do Eume, Reserva da Biosfera Fragas do Mandeo, Parque natural do complexo dunar de Corrubedo, Illa de Sálvora, Parque natural de Baixa Limia-Serra do Xurés, Illa de Cortegada, Illa de Ons, Illas Cíes e Parque natural Serra da Enciña da Lastra.