Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Programa de voluntariado en Parques Nacionais 2019: Asociación de Ciencias Ambientales (ACA)

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Outras actividades
Organizador
Asociación de Ciencias Ambientales (ACA).
Ámbito
Estatal
Contenido

A Asociación de Ciencias Ambientais (ACA) pon en marcha un ano máis o Proxecto de Voluntariado en Parques Nacionais 2019, financiado polo Organismo Autónomo Parques Nacionais (OAPN), dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica (MITECO).
O obxectivo do proxecto é establecer unha rede de persoas voluntarias que permita dar difusión e apoiar as actividades de seguimento dos efectos do cambio climático en Parques Nacionais de alta montaña, contribuíndo á identificación e seguimento das poboacións de macroinvertebrados dos seus ríos.
Durante 2019 o proxecto desenvolverase no Parque Nacional de Picos de Europa, o Parque Nacional e Natural de Sierra Nevada, o Parque Nacional Monte Perdido, o Parque Nacional de Sierra Guadarrama e o Parque Nacional de Aigüestortes e Lago de San Mauricio. Realizaranse varios campos na primavera, verán e outono ao longo de 2019.