Máis información e reservas: 981 630 618 – educacion@ceida.org
A Illa de Santa Cruz conta cun rico patrimonio natural e cultural froito principalmente da súa localización, un illote no interior da ría da Coruña. Este rico patrimonio combínase coa peculiar historia do Castelo de Santa Cruz que, ao longo de catro séculos, foi e é un baluarte de defensa: defensa da cidade da Coruña dos ataques navais; defensa da cultura a través da escritora Emilia Pardo Bazán; e defensa do medio ambiente a través do CEIDA.
Para dar a coñecer todo este patrimonio natural e histórico, e dentro do programa 'Para unha Transición Ecolóxica' que o CEIDA desenvolve xunto á Deputación da Coruña, do 11 ao 13 de abril ofertará un programa de visitas guiadas dirixidas a todos os públicos de forma totalmente gratuita.
