Búscase empresa española para proxecto de I+D bilateral que xa conta co Institut de Tècniques Energètiques https://inte.upc.edu/es da UPC e o Centro Tecnolóxico MASCIR https://www.mascir.com/ de Marruecos. Este consorcio busca unha empresa española para participar no proxecto bilateral de I+D " Immobilization of photo catalysts on 3D-printed substrates for energy and environmental applications".
A proposta ten o obxectivo de ser presentada á convocatoria bilateral INNO ESPAMAROC ENERGY: acordo con IRESEN, axencia dependente do Ministerio de Enerxía de Marruecos, para o establecemento dun programa no sector das tecnoloxías sustentables: EE.RR., eficiencia enerxética, Smart grids, Smart Cities, construción ecoeficiente, mobilidade sustentable, Green Energies, Green Mines, etc.
Comisión Europea.
Aberta ata o 24 de xaneiro de 2020.
