Búscase empresa española para proxecto de I+D bilateral coa Facultade de Ciencias da Université Cadi Ayyad de Marrakech e o Departamento de Física da Materia Condensada da Escola de Enxeñeiros Industriais da Universidade de Valladolid. Estes grupos teñen unha importante experiencia no desenvolvemento de ferramentas optimizadas de operación e mantemento preditivo de plantas fotovoltaicas e na utilización de electroluminiscencia para a detección in situ de defectos nos paneis fotovoltaicos en plantas en operación.
A proposta ten o obxectivo de ser presentada á convocatoria bilateral INNO ESPAMAROC ENERGY: acordo do CDTI con IRESEN, o Instituto de Investigación en Enerxía Solar e Novas Enerxías de Marrocos para financiar proxectos de I+D executados por consorcios hispano-marroquís.
Université Cadi Ayyad de Marrakech e Universidade de Valladolid
A convocatoria estará aberta do 1 de xaneiro ao 7 de abril de 2022.
