Achegarse á natureza a través da literatura. Xa sexa dende a narrativa ou do ensaio, este clube pretende dar a coñecer obras de temática ambiental para explorar o mundo que nos rodea, creando un espazo para a conversa e o intercambio de ideas, unha chamada á acción a través da lectura. Mais CLOROFILA é, sobre todo, un espazo para coñecernos e gozar das lecturas verdes, para o diálogo colectivo, para compartir, para falar de forma distendida e poñer en común temas ambientais e sociais que nos afectan a todos.
Está dirixido a todas aquelas persoas que lles guste ler. Non buscamos un público experto nin comentarios especializados, todo o mundo é benvido!, só precisamos persoas dispostas a compartir con nós as súas impresións tras a lectura das obras propostas.
Contenido
