Marzo é o mes da poesía e dos bosques (21 de marzo), dous días mundiais que se celebran na mesma data e que este ano imos conmemorar na nosa biblioteca verde coa presentación do poemario Guardabosque do escritor gaditano Ricardo de Castro.
En Guardabosque coexisten versos cunha forte carga social, sobre o respecto á natureza, a súa forza e simbolismo, ou a solidariedade humana, con textos de carácter máis intimista e emocional hacia un mesmo e os outros. Tamén se mostran camiños invisibles que nos levan desde a nosa casa hacia outras culturas, paisaxes e contornas. Poemas que saben a sal e savia nova. Palabras entre montañas, árbores, marismas, ríos, aves migratorias... que se moven coa cadencia das mareas. Xeografías da intimidade e psicoloxías do mar e os bosques.
Contenido
