Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Presentación Campaña Pilas. PILABOT 2ª Ed. Ferrol

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Campañas
Organizador
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Ámbito
Galicia
Contenido

En total participarán nesta segunda edición de Pilabot 150 colexios de toda Galicia – concretamente, 62 da provincia de Pontevedra, 54 da Coruña, 19 de Ourense e 15 de Lugo. A partir do 13 de xaneiro comezará o reparto progresivo en todos os centros participantes dos bidóns e do resto do material, carteis e merchandising vencellados á campaña, un proceso que se prolongará ata o 14 de febreiro. O alumnado das 150 escolas inscritas poderá entón empezar a depositar nos seus respectivos colexios todas as pilas, acumuladores e baterías usadas que logre recompilar. A campaña inclúe tamén a realización de charlas divulgativas nos centros para concienciar ao alumnado sobre a importancia da correcta separación das pilas e o seu depósito nos contedores específicos.