Aos premios “Francisco Guitián Ojea” e “Fernando Calvet Prats” poderá concorrer todo o persoal adscrito a centros de investigación situados en Galicia, incluídos os centros tecnolóxicos. Non poderán concorrer os membros da Real Academia Galega de Ciencias.
Ao premio “Ricardo Bescansa Martínez” poderán concorrer empresas galegas ou que teñan un centro de traballo radicado en Galicia.
Chegan á súa sexta edición coa vontade de recoñecer o traballo do persoal investigador e dos/das empresarios/as que apostan pola transferencia de coñecemento como base para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia.
Os premios convócanse en tres modalidades:
-Premio “Francisco Guitián Ojea” a un traballo de investigación aplicada.
-Premio “Fernando Calvet Prats” a un caso de éxito de transferencia de tecnoloxía promovido por un grupo de investigación.
-Premio “Ricardo Bescansa Martínez” a un caso de éxito empresarial de implantación de tecnoloxía transferida.
Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Axencia Galega de Innovación (GAIN).
Aberto ata o 31 de maio.
