Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Premios Recíclate con Sogama 2018-2019

Data da norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito normativo
Autonómica
Data de publicación
Clasificación
PREMIOS
Ámbito
Galicia
Destinatarios

25 centros de Educación Primaria que participan nesta iniciativa.

Obxecto

No marco do programa educativo “Recíclate con Sogama”, canalizado a través do Plan Proxecta da Xunta de Galicia e cuxo obxectivo é promover a reciclaxe nas aulas, a Sociedade Galega do Medio Ambiente, en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, convocou os premios correspondentes á edición 2018-2019, podendo presentar a súa candidatura aos mesmos os 25 centros de Educación Primaria que participan nesta iniciativa.

O concurso circunscríbese á elaboración dunha obra de arte con materiais de refugallo, sendo o seu obxectivo promover o interese do alumnado pola reutilización e a reciclaxe, e demostrar, con exemplos prácticos, que os residuos poden albergar un gran potencial e ser transformados en recursos, ata en auténticas obras de arte cun alto valor creativo.

Convoca

SOGAMA

Prazo

Finaliza o 29 de abril.