Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Premios ONU á Acción Climática Mundial

Data da norma
Ámbito normativo
Internacional
Data de publicación
Clasificación
PREMIOS
Ámbito
Internacional
Destinatarios

Organizacións, cidades, empresas, gobernos e outros actores poden presentar a súa candidatura aos premios da ONU á Acción Climática Mundial, que este ano celebra o seu 10º aniversario.

Obxecto

Ás categorías de galardóns habituais, nesta edición engadiuse unha nova especial "Líderes do clima", que recoñecerá a acción e a ambición transformadora e reproducible dos gobernos a calquera nivel (nacional, rexional, de cidade, de pobo, etc.), axudando a reforzar os argumentos para garantir que o mundo poida limitar o aumento da temperatura media global neste século a 1,5 graos centígrados, así como para crear resiliencia ao cambio climático.
"Os premios das Nacións Unidas á acción mundial sobre o clima son unha oportunidade para recoñecer aos líderes que, non só están a adoptar esas medidas, senón que tamén ofrecen un exemplo inspirador para que outros gobernos, empresas, cidades e comunidades os sigan".
As actividades gañadoras serán recoñecidas nunha serie de eventos especiais que terán lugar próximo mes de novembro, en Glasgow (Escocia), no marco da conferencia da ONU sobre cambio climático (COP26).

Convoca

ONU

Prazo

Ata o 30 de abril.