Os candidatos serán unha ou máis persoas físicas de calquera nacionalidade, sen límite de número, que realizasen achegas independentes ou converxentes a un determinado avance, ben a través de colaboración formal (formando parte dun ou máis equipos), ben de maneira paralela. Poderán tamén ser candidatas organizacións científicas ou culturais ás que poidan atribuírse de maneira agregada contribucións excepcionais nos ámbitos do coñecemento científico, a creación cultural, as actuacións fronte ao cambio climático e en conservación do medio ambiente.
Os Premios Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento recoñecen contribucións fundamentais nun amplo abanico de campos do coñecemento científico, a tecnoloxía, as humanidades e a creación artística especificados no punto 2 das bases.
A categoría de Cambio Climático e Ciencias do Medio Ambiente recoñece tanto investigacións como actuacións baseadas no mellor coñecemento que resulten particularmente relevantes para a súa abordaxe.
Fundación BBVA
Ata ás 16 horas GMT do 30 de xuño de 2026
