En ambas as modalidades poderanse presentar traballos publicados a partir do 1 de xaneiro de 2019, traballos aceptados para a súa publicación ou traballos inéditos. En todos os casos os traballos adoptarán a forma utilizada para publicacións en revistas científicas. Non poderán presentarse traballos que obtivesen premios de características análogas a estes ou se atopen concorrendo a eles. Aqueles traballos que resulten gañadores ou ben reciban unha mención especial, non poderán concorrer a ningún outro premio de características análogas a estes ata o momento en que se proceda ao acto público de entrega dos premios e mencións.
Promover a investigación e o desenvolvemento nas áreas de coñecemento integradas na Academia, a través do recoñecemento académico e social do esforzo dos investigadores.
A presente convocatoria axustarase ás seguintes bases:
1. Institúense dous premios: un para un Traballo de Investigación realizado por investigadores sénior e outro, dotado con 2.000 €, para incentivar a Promoción de Mozos Investigadores menores de 30 anos.
Real Academia Galega de Ciencias
Finalizará ás 13.00 horas do 14 de Xuño de 2019.
