Poderán concorrer todas/os as/os investigadoras/es que presenten un traballo
realizado total ou parcialmente en universidades e centro de investigación de Galicia.
Os traballos tratarán sobre temas ou aspectos relacionados coas áreas
temáticas das seccións da Academia: Matemáticas, Física
e Física do Cosmos, Química e Xeoloxía, Bioloxía e Ciencias da Saúde,
Ciencias Técnicas ou Ciencias Económicas e Sociais.
• No caso do Premio de Investigación, polo menos un/ha das/os autoras/es
deberá ser Doutor/a.
• No caso do Premio de Promoción de Mozas/os Investigadoras/es
unicamente poderán solicitalo investigadoras/es que aínda
non cumprisen os 30 anos o día que finaliza o prazo.
• O traballo pode ser inédito, estar aceptado para a súa publicación ou estar
xa publicado, neste caso con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2020.
Real Academia Galega de Ciencias (RAGC).
Aberto ata o 1 de xullo de 2020
