Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Planificación e xestión forestal con obxectivos de conservación e adaptación ao cambio climático

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Cursos
Organizador
Fundación Fernando González Bernáldez e EUROPARC-España
Ámbito
Outras CCAA
Contenido

Os bosques maduros configuran o hábitat de gran número de especies altamente especializadas, que non teñen cabida nas fases máis novas do bosque e quedan por iso restrinxidas aos rodais máis maduros. Ademais, os rodais maduros constitúen os hábitats forestais de maior naturalidade dispoñibles e, por tanto, son un valioso elemento de comparación, polo que poden considerarse “ rodais de referencia” para cada un dos tipos de bosque. Este carácter de referente toma especial relevancia baixo os Directiva Hábitats e a Rede Natura 2000. Neste contexto, o obxectivo do proxecto é capacitar aos profesionais da xestión forestal en dúas materias:
-Identificación e caracterización da madurez forestal.
-Incorporación na planificación e xestión forestal de obxectivos de conservación e adaptación ao cambio climático.